Mostrando entradas con la etiqueta Tribunal Europeo de Xusticia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Tribunal Europeo de Xusticia. Mostrar todas las entradas

lunes, 29 de octubre de 2012

A Comisión Europea, O Consello da Unión Europea, O Consello Europeo


Como toda organización, a Unión Europea conta con diversas institucións nas que interveñen representantes dos países membros. As máis importantes destas institucións son as seguintes:

§  A Comisión Europea: vén sendo o goberno da organización, formado por un presidente e uns ministros ou comisarios (vinte e cinco, un por cada país membro). Ten a súa sede en Bruxelas.

§  O Consello da Unión Europea: intégrano os ministros de asuntos exteriores dos países membros e ten unha función lexislativa, xa que aproba as leis comunitarias. Localízase tamén en Bruxelas.

§  O Consello Europeo: constituído por xefes de estado ou de goberno dos países membros. Toma decisións importantes e define orientacións e a política xeral. Está presidido polo xefe de estado ou de goberno do país que, en períodos de seis meses, preside a Unión Europea. A súa sede está en Bruxelas ou na capital do país que o preside. 

§  O Parlamento europeo: compóñeno deputados de todos os países elixidos cada catro anos por sufraxio universal (voto de todas as persoas maiores de idade). Controla a Comisión, que ten que renderlle contas da súa actuación, e aproba os orzamentos da organización. Posúe a súa sede en Estrasburgo.

§  O Tribunal de Xustiza (sede en Luxemburgo) ten unha función xudicial e serve para garantir o cumprimento dos tratados e o respecto ás leis comunitarias. Está presidido por xuíces que representan os estados membros. Renóvase cada cinco anos.