A UE, España e Galicia
1. Os actuais Estados de Europa.
2. As desigualdades entre os Estados europeos.
3. A Unión Europea: historia, obxectivos e peso no mundo.
4. As institucións da Unión.
5. O sistema político español.
6. A organización territorial do Estado español.
7. Os desequilibrios rexionais en España.
8. A organización administrativa e territorial de Galicia.
ORGANISMOS INTERNACIONALES:
§
Axentes
e institucións económicas mundiais.
§
As
organizacións internacionais.
§
Enumerar
as principais organizacións económicas internacionais.
§
Coñecer
as funcións e os ámbitos de actuación das organizacións económicas internacionais.
§
Identificar
os principais tratados que regulan o comercio internacional.
§
Entender
o funcionamento, as estratexias e a importancia económica crecente das empresas
multinacionais.
§
Recoñecer
os principais indicadores de riqueza e benestar.
§
Comprender
as desigualdades económicas que reflicten os indicadores económicos.
§
Identificar
os grandes ámbitos económicos no mundo.
§
Os
poderes transnacionais.
§
O
século XIX.
§
O
século XX.
§
Tipo
da actividade a distancia, de aprendizaxe, páctica, escrita e individual.
§
Temporalización
30 minutos.
–
Tarefa
1: dez minutos.
–
Tarefa
2: dez minutos.
–
Tarefa
3: quince minutos.
§
Recursos:
–
Materiais:
libro de texto de 3º ESO da editorial Santillana, na unidade 11
“O mundo como sistema”, páxinas 172 a 181. Tamén se poderán consultar os
contidos correspondentes en calquera libro de texto de 3º de ESO de calquera
editorial.
Desenvolvemos nesta
unidade o estudo dos principais axentes e institucións económicas no marco da
economía internacional. Iniciaremos o estudo das principais organizacións e dos
foros económicos internacionais, algúns dos cales xurdiron á finalización da II
Guerra Mundial. Organizaremos a información dividindo as institucións
económicas nacidas da ONU e as que foron xurdindo nas últimas décadas do século
XX, á marxe da ONU. Tamén analizaremos que existen organizacións internacionais
que teñen un marcado carácter político, outras máis económico e outras máis
cultural, e mesmo social. Por último, dedicaremos un estudo máis pormenorizado
a unha organización de cooperación internacional da que España forma parte: a
OCDE.
Tras a finalización da
II Guerra Mundial foi xurdindo un conxunto de organizacións económicas internacionais.
En xeral, procuraban servir de marco de diálogo entre países co obxectivo de
evitar na medida do posible futuros conflitos. A máis importante desde o punto
de vista político foi a Organización das Nacións Unidas (ONU); seguidamente
foron nacendo organizacións de variado carácter, unhas ó abeiro da ONU e outras
á marxe dela. En xeral, predominan as de carácter económico, que teñen como
obxectivos básicos unificar as políticas económicas e liberalizar o comercio
exterior.
Na actualidade, en cada continente existen
varias organizacións, que brevemente resumiremos. Entre os organismos
dependentes da ONU cabe destacar a FAO (Organizacións das Nacións Unidas para a
Agricultura e a Alimentación) e a UNCTAD (Conferencia das Nacións Unidas sobre
Comercio e Desenvolvemento),
A nivel mundial,
podemos citar o Fondo Monetario Internacional (FMI) e o Banco Mundial. Tratan
de axudar aos países subdesenvolvidos, concedéndolles créditos ou financiando
proxectos de desenvolvemento. Tamén destaca a Organización Mundial do Comercio
(OMC), que trata de potenciar o comercio mundial e resolver posibles conflitos
entre países, e a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento
Económicos (OCDE), que procura promover a expansión económica dos países
membros.
A nivel rexional,
destacan:
–
En
Europa, a Unión Europea (UE).
–
En
América, o Tratado de Libre Comercio (TLC), entre Estados Unidos, Canadá e
México; MERCOSUR e ALADI.
–
En
África, a Unión do Magreb Árabe, a Conferencia da Cooperación para o Desenvolvemento
da África Austral e a Comunidade Económica de África Occidental.
–
En
Asia, o Consello de Cooperación do Golfo e a Asociación de Nacións de Asia Sudoriental
(ASEAN).
& Pódese consultar a información contida no
libro de Santillana de 3º de ESO, na unidade 11, páxina 176, relativa ás
organizacións e foros económicos internacionais.
@ Traballaremos na tarefa 1 aspectos de
recoñecemento destas organizacións internacionais.
Débese indicar
que existen organismos internacionais que teñen como obxectivo básico a
cooperación entre os países membros. Nestes casos, os países seguen gozando da
súa plena soberanía, pero buscan a cooperación entre eles para mellor resolver
os problemas que lles afectan. Un exemplo significativo é o da OCDE.
@ Dedicaremos a tarefa 2 ao estudo
particular da OCDE, como un dos organismos de cooperación económica máis
importantes do mundo actual.
Tamén existen
organismos internacionais de integración. Nestes casos, os países membros cédenlle
parte da súa soberanía ao organismo internacional na procura de obxectivos máis
ambiciosos. Un exemplo notable deste último caso é o da Unión Europea, que se
estuda noutra unidade.
§
Tarefa
1: Recoñecer as principais organizacións económicas internacionais.
§
Tarefa
2: Clasificación das organizacións internacionais.
§
Tarefa
3: Organismos de cooperación: a OCDE.
Trataremos de
identificar o significado das siglas correspondentes a unhas cantas organizacións
internacionais presentes habitualmente nas noticias dos xornais.
§
Procure
información no libro de referencia de 3º de ESO (páxina 176) e noutras fontes,
e indique o significado das siglas das seguintes organización internacionais: FAO,
UNCTAD, TLC, OCDE, OMC e FMI.
§
FAO:
Organización das Nacións Unidas para a Agricultura e a Alimentación.
§
UNCTAD:
Conferencia das Nacións Unidas para o Comercio e o Desenvolvemento.
§
TLC:
Tratado de Libre Comercio.
§
OCDE:
Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico.
§
OMC:
Organización Mundial do Comercio.
§
FMI:
Fondo Monetario Internacional.
As organizacións
internacionais citadas na tarefa anterior teñen todas un carácter económico. Con
todo, tamén existen outras organizacións internacionais que presentan un
carácter máis político, cultural, etc.
§
Procure
información no libro de texto e noutras fontes e cite dous organismos internacionais
de carácter político, dous de carácter cultural e dous de carácter social
§
Organismos
políticos: ONU (Organización da Nacións Unidas) e OEA (Organización de Estados
Americanos).
§
Organismos
culturais: UNESCO (Organización das Nacións Unidas para a Educación e a
Cultura) e OIE (Organización Internacional para a Educación).
§
Organismos
sociais: UNICEF (Organización das Nacións Unidas para a Infancia) e OIT
(Organización Internacional do Traballo).
Imos estudar un caso
concreto de organismo de cooperación, do que forma parte España e que ten unha
presenza destacada cos seus informes e as súas previsións económicas e sociais.
§
Lea o
seguinte texto informativo sobre a OCDE:
A Organización para a
Cooperación e o Desenvolvemento Económico xorde en 1961 como evolución da
anterior Organización Europea de Cooperación Económica (OECE). Esta fora creada
en 1948 tras a fin da II Guerra Mundial para administrar os fondos do Plan
Marshall de axuda á reconstrución de Europa. Tamén procuraba fomentar a
liberalización do comercio entre os países europeos. A OCDE cambia o ámbito
rexional europeo de orixe polo ámbito mundial.
Actualmente está
formada por 30 países (entre os que se atopa España desde a súa fundación, en
1961). A súa secretaría xeral está en París e dispón duns 2.300 funcionarios,
moitos deles especialistas en economía e dereito. Ademais, preto de 70 países
en vías de desenvolvemento están asociados ao seu traballo. Os seus obxectivos
son:
§
A
coordinación das políticas económicas para a expansión e o progreso do nivel de
vida dos países membros.
§
A
axuda aos países subdesenvolvidos.
§
O
traballo relativo ao ensino, á tecnoloxía, á man de obra, á agricultura, etc.
Na práctica,
cumpre dous tipos de funcións:
§
É
unha organización onde os gobernos traballan xuntos para responder aos
principais retos económicos e sociais do mundo actual.
§
Constitúe
unha fonte valiosa e de grande prestixio de información comparativa, de análise
e de previsións, de cara a favorecer a cooperación multinacional.
Os informes periódicos elaborados pola OCDE
sobre os países membros adoitan ir acompañados de recomendacións de cara á
mellora da situación analizada. Exercen unha considerable influencia sobre os
responsables das políticas económicas nacionais.
Conteste ás
seguintes cuestións:
§
Cal é
o antecedente histórico da OCDE actual?
§
Que
cambio máis notable se deu entre a OECE e a OCDE?
§
Cales
son os principais obxectivos da OCDE?
§
Cales
son as principais achegas da OCDE?
§
O
antecedente foi a OECE, creada en 1948.
§
Cambia
o ámbito de actuación, que pasa de ser exclusivamente Europa a un ámbito mundial.
§
Son tres:
coordinar as políticas económicas para o progreso dos países membros, axudar aos
países subdesenvolvidos e o traballo en cuestións puntuais (ensino, tecnoloxía,
etc).
§
Os
informes periódicos e os estudos realizados, que gozan de grande prestixio e exercen
unha grande influencia.
No hay comentarios:
Publicar un comentario