Os Programas de Cualificación Profesional Inicial, previstos no artigo 30 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, teñen como finalidade previr o abandono escolar antes da finalización da escolaridade obrigatoria e abrir novas expectativas de formación e de titulación a mozos e mozas en situación de desvantaxe sociolaboral e educativa. Teñen unha marcada vocación profesional, permiten a relación co mercado de traballo e facilitan a inserción laboral nunha actividade profesional de xeito cualificado.
Segundo a Orde do 13 de xullo de 2012 pola que se regulan os programas de cualificación profesional inicial, os obxectivos xerais deste ensino terán como finalidade o desenvolvemento das seguintes capacidades:
1. Desenvolver o hábito de lectura como fonte de información, formación e pracer.
2. Comprender e producir textos en formato variado dos ámbitos persoal, social, cultural e profesional, con vocabulario apropiado para a finalidade pretendida.
3. Desenvolver a observación e o espírito crítico.
4. Desenvolver a competencia matemática e dixital que lle facilite desempeñar o seu papel na vida persoal e no mundo social e laboral.
5. Desenvolver a capacidade para identificar problemas, contrastar información, avanzar hipóteses e aplicar técnicas adecuadas para a súa resolución.
6. Desenvolver actitudes democráticas que permitan a participación nunha sociedade plural e diversa, tendo presentes os dereitos e os deberes compartidos, e o respecto polas diferenzas.
7. Desenvolver a autoestima, o afán de superación e a capacidade de adaptación a novos retos, de acordo cos intereses e coas aptitudes persoais.
8. Desenvolver hábitos e habilidades que faciliten o acceso ao contorno laboral e o adecuado progreso.
O Módulo Sociedade e Cidadadía I, de acordo co regulado, integra, polo tanto, aspectos que permiten unha comprensión e visión crítica das relacións do home co medio xeográfico, e do home como froito da evolución histórica; os que, cunha raíz profundamente ética, lle facilitan desenvolver unha comprensión das diferenzas e do respecto por elas dentro da sociedade democrática, co fin de preparar as persoas para unha cidadanía activa.
2.1. Obxectivos.
● Coñecer e valorar as características
organizativas, sociais e culturais fundamentais do contorno.
● Coñecer e valorar os principais trazos das organizacións sociais e culturais do Estado.
● Coñecer as características da sociedade democrática e tomar conciencia da
necesidade
de participación, con recoñecemento dos
dereitos e dos deberes da cidadanía.
● Coñecer as principias institucións
supranacionais: Unión Europea e organismos internacionais.
● Coñecer e analizar os problemas sociais do mundo actual.
2.2. Contidos.
● Coñecemento da organización social de Galicia. Institucións e servizos
públicos da Comunidade.
● Coñecemento da organización do Estado español. O sistema das autonomías.
● O sistema
democrático: participación cidadá; dereitos e deberes; a Constitución e o Estatuto de
autonomía.
● Galicia e España en Europa. Organismos
internacionais. Política de cooperación.
● Coñecemento doutros modelos sociopolíticos
actuais.
●
Desequilibrios e conflitos no mundo actual. A acción humana como causa e efecto dos
problemas. A globalización. O compromiso
persoal.
● A violencia
como defecto da sociedade: violencia entre pobos e violencia de xénero.
●
Desenvolvemento e consumo. Consumo responsable.
● Educación viaria: normas de seguridade e condución responsable.
2.3. Criterios de avaliación.
● Coñecer a distribución xeográfica de Galicia (organización e paisaxes
galegas, e a
súa economía), localizar en mapas a súa situación, e argumentar as causas e
as consecuencias
das súas características.
● Coñecer a estruturación do Estado español en comunidades autónomas. Valorar as
diferenzas como elemento enriquecedor. Saber localizar as comunidades en
mapas. Organizar
itinerarios para se mover entre elas.
● Coñecer e apreciar o sistema democrático. Representación da cidadanía. Participación
como valor para a mellora da vida na comunidade.
Deberes e dereitos.
● Coñecer de forma sumaria a Constitución española. Dificultades para os consensos.
Significado dunha norma común.
● Coñecer de forma sumaria o Estatuto de autonomía e o longo percorrido pola historia
ata chegar a el. O Goberno autónomo e as
relacións co resto do Estado español.
● Analizar as
desigualdades no mundo actual. Reflexionar sobre a multicausalidade.
Valorar a cooperación entre os pobos.
● Recoñecer o consumo responsable. Papel da publicidade. Valorar igualmente a
capacidade
de comprender os prexuízos que pode
provocar na vida persoal e na do contorno.
● Recoñecer a necesidade da seguridade viaria para persoas condutoras e peóns.
PCPI from orientacionpalomares
No hay comentarios:
Publicar un comentario