lunes, 4 de marzo de 2013

A globalización

Índice

§  Axentes e institucións económicas mundiais.
§  A globalización.
§  Identificar os trazos básicos da globalización económica e recoñecelos na nosa vida cotiá.
§  Comprender o papel xogado polas multinacionais no sistema económico mundial actual.
§  Valorar os aspectos positivos e negativos do proceso de globalización.
§  Os poderes transnacionais.
§  O século XIX.
§  O século XX.
§  Tipo da actividade a distancia, de aprendizaxe, práctica, escrita e individual.
§  Temporalización 30 minutos.
      Tarefa 1: dez minutos.
      Tarefa 2: dez minutos.
      Tarefa 3: dez minutos.
§  Recursos:
Desenvólvese nesta unidade o estudo dos principais axentes e institucións económicas no marco da economía internacional. Comézase por caracterizar a economía actual como unha economía globalizada, indicando o carácter mundializado e interdependente das relacións económicas na actualidade. Farase tamén fincapé na importancia crecente e no enorme poder económico das empresas multinacionais. Comprobaremos que o fenómeno da globalización afecta a todos e que está presente en moitos aspectos da vida cotiá. Finalmente, intentarase unha valoración da globalización. Veremos que existen movementos antiglobalización, analizaremos as principais críticas que achegan e intentaremos avaliar os aspectos positivos e negativos da globalización.



& Pode consultar o libro de texto da editorial Santillana-Obradoiro de 3º de ESO, unidade 11 “O mundo como sistema”, onde se desenvolven os trazos característicos do fenómeno da globalización e se valora a importancia das multinacionais.
@  Trataremos de afianzar a través da tarefa 1 en que consiste a globalización e cales son os trazos que a caracterizan.
Así, cada vez é máis frecuente o consumo de produtos procedentes de países moi distantes; tamén as empresas fabrican os seus produtos pensando en vendelos nun mercado global. Deste xeito, cobran unha especial importancia na globalización económica as empresas multinacionais. Unha multinacional é unha empresa (ou grupo de empresas), xeralmente de grande tamaño, que ten a súa orixe nun país, a partir do que se crea unha serie de filiais ou sucursais no estranxeiro e, deste xeito, consegue alcanzar un enorme poder económico. Este grande  poder económico explica que en ocasións as multinacionais inflúan de xeito decisiva na toma de decisións políticas e, mesmo, nas relacións entre os estados.
@  Coa tarefa 2 comprobaremos que este fenómeno nos afecta a todos na nosa vida cotiá, xa que está presente nos produtos que consumimos habitualmente. E a través da tarefa 3 comprenderemos que a presenza das empresas multinacionais vai moito más aló dos aspectos económicos.
O fenómeno da globalización suscitou moitas críticas nos últimos anos, xurdindo un movemento antiglobalización. As principais críticas que se manifestan diríxense contra o feito de que a globalización económica está a incrementar notablemente as desigualdades sociais. Insístese en que a globalización económica beneficia a uns poucos países mentres que as vantaxes non chegan á maior parte da humanidade. Afirman que a brecha que separa os ricos dos pobres é cada vez maior. Tamén sinalan que a copia dos modelos culturais dos países desenvolvidos está a destruír xeitos de vida e culturas nos países subdesenvolvidos. Non loitan contra a globalización, senón contra os abusos cometidos no seu nome; defenden que a globalización se humanice: que se globalicen os dereitos humanos, o benestar económico, social e cultural das persoas, o respecto ao medio… En definitiva, reclaman unha verdadeira xustiza internacional que protexa os dereitos dos débiles.
@  Trataremos mediante a tarefa 4 de aproximármonos a unha valoración das vantaxes e dos inconvenientes do fenómeno da globalización.
§  Tarefa 1: Concepto e trazos da globalización.
§  Tarefa 2: Como nos afecta a globalización?
§  Tarefa 3: As multinacionais e a súa importancia.
§  Tarefa 4: Vantaxes e inconvenientes da globalización.

2.2.1      Tarefa 1: Concepto e trazos da globalización
§  Lea o seguinte texto e conteste ás cuestións:
“A globalización ou mundialización é un verdadeiro proceso de unificación do mundo. Baséase no desenvolvemento dos sistemas de transporte e das novas tecnoloxías da información, na eliminación das barreiras comerciais e no desenvolvemento dos negocios a nivel internacional. Un trazo diferenciador dos últimos tempos é a tendencia das empresas a pensar a escala mundial. Os seus mercados, os seus traballadores e os seus provedores atópanse en todo o planeta. Outro trazo é o triunfo do sistema económico capitalista de xeito xeneralizado. Tamén se manifesta a tendencia a uniformar o consumo como consecuencia dun uso masivo da publicidade a través dos medios de comunicación. Como resultado, estamos asistindo a unha perda de autonomía dos estados fronte ás decisións das grandes empresas e dos organismos internacionais.”
      En que consiste a globalización?
      Cales son os factores que a fan posible?
      Que significa que as empresas tenden a pensar a escala mundial?
      Cal é o sistema económico que se impuxo a nivel mundial?
      Que consecuencias culturais podemos atopar como resultado da globalización?
      Que consecuencia políticas se manifestan?
      Consiste nun proceso de unificación do mundo.
      O desenvolvemento dos medios de transporte, as novas tecnoloxías da información, a eliminación das barreiras comerciais e o desenvolvemento dos negocios a nivel internacional.
      Que buscan en todo o planeta os seus mercados, os seus traballadores e os seus provedores.
      O sistema económico capitalista.
      O fenómeno de que o consumo se uniformou grazas á publicidade e aos medios de comunicación.
      A perda de autonomía dos estados fronte ás decisión das grandes empresas e dos organismos internacionais.
2.2.2      Tarefa 2: Como nos afecta a globalización?
Aínda que ás veces non somos plenamente conscientes diso, a globalización é un fenómeno que nos afecta a todos. Hoxe en día case ninguén pode evitar formar parte do fenómeno global; ímolo comprobar a través da propia vida cotiá.
§  Recolla información sobre onde están producidos ou fabricados polo menos dez produtos que consuma. Pode utilizar os produtos alimentarios elaborados que tomou no día de hoxe. Faga o mesmo cos artigos de roupa e calzado que leva postos. Para iso, fíxese na información dos envases (galletas, cereais, leite, aceite, ovos, etc.) e das etiquetas da roupa e do calzado.
§  Coa información atopada complete unha táboa como a seguinte:

Produto
País de fabricación
Alimentación


Roupa e calzado


§  Indícanse a modo de exemplo, algúns posibles produtos:


Producto
País de fabricación
Alimentación
Galleta Chiquilín
Cereais Kellog’s
Aceite Koipe
Leite Feiraco
Unión Europea
Madrid (España)
Unión Europea
Galicia (España)
Roupa e calzado
Chándal Nike
Zapatillas Reebok
Pantalón vaqueiro Levi’s
Camiseta Pull & Bear
Indonesia
Indonesia



2.2.3      Tarefa 3: As multinacionais e a súa importancia
O proceso de globalización vai moi ligado á aparición e multiplicación das empresas multinacionais. Estas nacen nun país xeralmente desenvolvido economicamente e, á medida que van crecendo, expándanse por outros países creando filiais. As filiais no estranxeiro son controladas pola empresa matriz (a empresa que as fundou) e adáptanse ás peculiaridades do mercado local.
§  Lea o seguinte texto e realice o que se pide deseguido:
      A presenza das multinacionais é clara mesmo na vida cotiá. Así, por citar un exemplo, un televisor Samsung equipado cun DVD LG difunde unhas imaxes deportivas retransmitidas pola CNN que amosan un equipo patrocinado por Adidas enfrontado a outro patrocinado por Siemens Mobile. No descanso, propónsenos tomar una Coca-Cola ou unha Schweppes, acompañada cunhas patacas fritas Pringles. É dicir, oito multinacionais de sete países pasan, en poucos minutos, pola nosa vida cotiá.
        Investigue que tipo de produtos fabrican as multinacionais mencionadas no texto. Indique de que nacionalidade son.
        Mencione algunha multinacional que coñeza dos campos que se mencionan:
&    Comida rápida.
&    Automóbil.
&    Electrónica.
&    Petróleo.
&    Comunicación.
&    Refrescos.
§  Samsung: produtos de electrónica de consumo, electrodomésticos, informática; nacionalidade coreana.
§  LG: produtos de electrónica de consumo, electrodomésticos, informática; nacionalidade coreana.
§  CNN: televisión e comunicacións; nacionalidade estadounidense.
§  Adidas: roupa e calzado deportivo; nacionalidade alemá.
§  Siemens Mobile: teléfonos móbiles; nacionalidade alemá.
§  Coca-Cola: refrescos; nacionalidade estadounidense.
§  Schweppes: refrescos; nacionalidade británica.
§  Pringles: aperitivos; nacionalidade estadounidense.
§  Multinacionais de comida rápida: McDonald’s; Burguer King.
§  Multinacionais do automóbil: Ford, General Motors, Daewoo.
§  Multinacionais de electrónica: Hewlett Packet, Dell, Hitachi.
§  Multinacionais de petróleo: Exxon, British Petroleum, Repsol-YPF.
§  Multinacionais de comunicación: ABC, Fox News, CNN.
§  Multinacionais de refrescos: Coca-Cola, Pepsi, Schweppes.
Como sabemos, o fenómeno da globalización está a provocar unha grande división de opinións. Hai quen está totalmente a favor del e hai grupos que o critican e que piden unha reorientación. Ímolo comprobar deseguido.
§  Lea o seguinte texto e responda as cuestións:
“Os estudosos do tema calculan que a mundialización só afecta ao 15 % da poboación mundial, mentres que grande parte do resto segue vivindo nuns niveis moi atrasados. Abonda apuntar que o 65 % dos habitantes do planeta nunca fixo unha chamada telefónica e que na illa de Manhattan hai máis conexións electrónicas que en toda África.
Unha parte importante dos países que formaban parte do terceiro mundo hai 40 anos teñen hoxe un destacable grao de desenvolvemento económico. Este é o caso dos chamados trigres asiáticos (Corea do Sur, Taiwán, Hong Kong e Singapur) que se converteron en potencias industriais aproveitando as vantaxes da globalización. Parece que ese será o camiño que xa emprendeu China e probablemente o faga a India nun futuro próximo.”
      Á luz do exposto no texto, que destacaría como aspectos máis positivos da globalización?
      Pode citar algunha outra consecuencia positiva que non se mencione no texto?
      Cales son as consecuencias máis negativas da globalización?
      Que valoración faría do fenómeno da globalización?
§  A globalización facilitou os medios para que países subdesenvolvidos puidesen saír do subdesenvolvemento e converterse en potencias industriais. Exemplos disto son os casos dos tigres asiáticos, de China e probablemente da India.
§  O aumento da cantidade de información dispoñible, a xeneralización das tecnoloxías da información, o aumento de produtos e servizos, novos xeitos de comercio (comercio electrónico), etc.
§  O aumento das desigualdades entre ricos e pobres, a extensión das crises económicas duns países a outros, a perda de culturas e xeitos de vida autóctonos, o enorme poder financeiro das empresas multinacionais, os abusos nas condicións laborais dos traballadores dos países subdesenvolvidos, etc.
§  Resposta libre. Debería facerse unha reflexión que levase a considerar que o fenómeno da globalización ten aspectos positivos e aspectos negativos. Os esforzos deberían dirixirse cara a avanzar nos aspectos positivos e intentar reducir ao mínimo os aspectos negativos.



§  Para a realización da tarefa pódese consultar e repasar a información contida no libro de texto de Xeografía de 3º de ESO da editorial Santillana “Xeografía Obradoiro”, na unidade 11 “O mundo como sistema”, páxinas 172 a 181. Tamén poderá consultar os contidos correspondentes en calquera libro de texto de 3º de ESO de calquera editorial.

No hay comentarios:

Publicar un comentario