Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais
Material para a preparación de probas a distancia
Grao
|
Medio
|
Proba
|
Sociocultural
|
Parte da proba
|
Xeografía, historia e sociedade
|
Unidade didáctica
|
10. A España do século XX (desde a II República á actualidade)
|
Actividade
|
2. O franquismo
|
Autores
|
Grupo de traballo de desenvolvemento de material para a preparación das probas de acceso
|
Nome do arquivo
|
UD10_A02_O.franquismo.doc
|
Índice
§ A España do século XX (desde a II República ata a actualidade).
§ O franquismo.
§ Trátase de secuenciar cronoloxicamente as principais etapas da historia da humanidade, así como identificar os trazos característicos máis salientables.
§ Recoñecer as principais características na sociedade española actual e diferencialas das de principios do século XX.
§ Valorar os cambios da sociedade española do século XX e coñecer as experiencias políticas (democracia, ditadura, transición á democracia, etc.) que aconteceron no último século.
§ Os séculos XX e XXI: o mundo actual.
– O século XX en España (síntese).
§ Análise e interpretación de gráficos, diapositivas, fotografías, etc.
§ Localización dos feitos históricos.
§ Secuenciación dos feitos mediante frisos históricos.
§ Tipo da actividade: a distancia, de aprendizaxe e individual.
§ Temporalización: 35 minutos.
– Tarefa 1: 15 minutos.
– Tarefa 2: 10 minutos.
– Tarefa 3: 10 minutos.
§ Recursos:
– Materiais: calquera texto da área de Ciencia sociais, xeografía e historia correspondente ao cuarto curso de ESO; recoméndase o libro de Obradoiro-Santillana:
– Tarefa 1: unidade 18, páxina 296.
– Tarefa 2: unidade 18, páxinas 298 e 300.
– Tarefa 3: unidade 18, páxina 296.
Nesta actividade estudarase o período da historia de España que vai desde a finalización da Guerra Civil (abril de 1939) ata a morte do xeneral Franco (novembro de 1975). Durante esta longa etapa, España viviu unha ditadura caracterizada pola reacción contra todo o labor modernizador levado a cabo durante a II República. Nos aspectos políticos case non houbo evolución. Con todo, a economía e a sociedade española foron cambiando substancialmente a partir da década de 1960: España convertíase nun país moderno no económico e no social, malia ter en contra o sistema político ditatorial de Franco.
Nesta actividade preséntase o réxime franquista (1939-1975) como un sistema político ditatorial e antidemocrático que tivo unha serie de apoios na sociedade española (exército, igrexa, falanxistas, monárquicos, etc.), apoios que foron evolucionando co propio réxime.
& Pode ampliar os contidos relativos a esta unidade no libro de Obradoiro-Santillana de 4º de ESO, unidade 18, páxinas 294 a 311.
@ O obxectivo da primeira das tarefas é o de reflectir algunhas das características xustificativas do carácter ditatorial do franquismo, e contrapolas a outras características propias dun réxime democrático. O contraste entre unhas e outras pode axudar a comprender a profunda diferenza entre un sistema político totalitario, do que o franquismo foi bo exemplo, e un sistema democrático, como o existente en España na actualidade.
@ A terceira tarefa, pola súa banda, incide na análise dos apoios sociais cos que contaba o réxime franquista.
Desde o seu comezo, ao remate da Guerra Civil, ata o seu final, coa morte de Franco, o franquismo atravesou catro etapas: entre 1940 e 1950 (período de posguerra), entre 1950 e 1959 (etapa de consolidación do réxime), entre 1959 e 1970 (década do desenvolvemento) e entre 1970 e 1975 (crise do réxime).
A primeira etapa caracterizouse fundamentalmente polas dificultades económicas derivadas das consecuencias da guerra e da ineficaz política económica aplicada. A isto había que sumar o illamento internacional ao que o réxime franquista se viu sometido pola súa proximidade ideolóxica aos réximes fascistas europeos (alemán e italiano). Foron anos moi duros, de fame, represión, persecución e exilio, nos que a oposición ao réxime era practicamente inexistente.
A segunda etapa significou a apertura de España cara ao exterior, destacando a sinatura de tratados cos Estados Unidos e coa Santa Sé (Concordato de 1953), así como o ingreso español na ONU (en 1955). Dentro do país mellorou a situación económica e diminuíu a influencia da ideoloxía falanxista, próxima ao fascismo (Lei de principios do movemento, de 1958).
A terceira etapa marcou o comezo do chamado “desenvolvemento económico” a través dunha serie de plans de desenvolvemento. Así e todo, a situación económica do país resultou favorecida especialmente polas achegas de divisas procedentes do turismo e da emigración. Politicamente pódese falar dun certo aperturismo e, finalmente, en 1969, Xoán Carlos de Borbón foi elixido por Franco como sucesor co título de rei.
A derradeira etapa é a de crise do réxime, que se agravou pola conflitividade social, a crise económica derivada da suba do prezo do petróleo, o problema do terrorismo e a crecente oposición democrática. O 20 de novembro de 1975, a morte de Franco puxo remate a este período e deu paso a unha etapa de transición cara á democracia.
@ A segunda tarefa trata dos principais acontecementos que se sucederon ao longo destas etapas.
§ Tarefa 1: Trazos definitorios do franquismo.
§ Tarefa 2: As etapas do franquismo.
§ Tarefa 3: As bases sociais do franquismo.
O período franquista (1939-1975) foi a ditadura persoal dun militar que encarnaba os valores dos vencedores na Guerra Civil. Vén marcado polo seu carácter antidemocrático, centrado no poder ditatorial exercido por unha soa persoa.
§ Indique na columna da dereita se as características citadas na columna da esquerda son propias do franquismo (V) ou non o son (F):
CARACTERÍSTICAS
|
V/F
|
No franquismo había unha Constitución que garantía o respecto a todos os dereitos e ás liberdades dos cidadáns
| |
No franquismo só era legal un partido: a Falanxe ou Movemento Nacional. O resto eran ilegais
| |
Franco controlaba todos os poderes do Estado
| |
No franquismo existían unhas Cortes que tiñan o poder de aprobar as leis
| |
O Estado franquista rexíase por medio das leis fundamentais que non eran unha Constitución
| |
No franquismo existía pluripartidismo, ao estaren legalizados todos os partidos políticos
|
CARACTERÍSTICAS
|
V/F
|
No franquismo había unha Constitución que garantía o respecto a todos os dereitos e ás liberdades dos cidadáns
|
F
|
No franquismo só era legal un partido: a Falanxe ou Movemento Nacional. O resto eran ilegais
|
V
|
Franco controlaba todos os poderes do Estado
|
V
|
No franquismo existían unhas Cortes que tiñan o poder de aprobar as leis
|
F
|
O Estado franquista rexíase por medio das leis fundamentais que non eran unha Constitución
|
V
|
No franquismo existía pluripartidismo, ao estaren legalizados todos os partidos políticos
|
F
|
Aínda que nos aspectos políticos case non houbo evolución durante a ditadura franquista, podemos diferenciar varias etapas. Repase os contidos da introdución e do libro de texto, e realice o que se pide.
§ Sitúe os acontecementos da columna da esquerda dentro da súa etapa correspondente na columna da dereita, segundo o exemplo:
ACONTECEMENTO
|
FASE
|
Entrada de cartos no país grazas ao turismo e ao diñeiro dos emigrantes
|
1959-1970
|
Escasa oposición interior debido á forte represión do réxime
| |
Promulgación da Lei de principios fundamentais do movemento
| |
Coordinación da oposición democrática ao réxime
| |
Illamento internacional do franquismo
| |
Elección de Xoán Carlos de Borbón como sucesor
| |
Finalización do illamento do réxime e ingreso de España na ONU
| |
Crise económica polo aumento do prezo do petróleo
| |
Autarquía económica
| |
Aparición do problema do terrorismo
| |
Aplicación dos primeiros plans de desenvolvemento
|
ACONTECEMENTO
|
FASE
|
Entrada de cartos no país grazas ao turismo e ao diñeiro dos emigrantes
|
1959-1970
|
Escasa oposición interior debido á forte represión do réxime
|
1940-1950
|
Promulgación da Lei de principios fundamentais do movemento
|
1950-1959
|
Coordinación da oposición democrática ao réxime
|
1970-1975
|
Illamento internacional do franquismo
|
1940-1950
|
Elección de Xoán Carlos de Borbón como sucesor
|
1959-1970
|
Finalización do illamento do réxime e ingreso de España na ONU
|
1950-1959
|
Crise económica polo aumento do prezo do petróleo
|
1970-1975
|
Autarquía económica
|
1940-1950
|
Aparición do problema do terrorismo
|
1970-1975
|
Aplicación dos primeiros plans de desenvolvemento
|
1959-1970
|
A longa duración da ditadura franquista non pode explicarse sen o apoio de determinados sectores da sociedade española. Os apoios máis destacados que tivo foron o exército, a igrexa, a Falanxe e os sectores máis conservadores da sociedade española. Repase os contidos no libro de texto e realice o que se pide.
§ Complete coas seguintes palabras o texto sobre os apoios sociais do réxime franquista
divorcio
|
Igrexa
|
falanxistas
|
exército
|
monárquicos
|
propiedades
|
educación
|
“O franquismo durou en España trinta e seis anos debido ao apoio de moitos grupos sociais: o ................................... foi o principal apoio do réxime, ao encargarse da seguridade do Estado. Por outra banda, a ................................... estivo ao lado de Franco, xa que este defendía os privilexios eclesiásticos: a igrexa dirixía a ........................... (as materias relixiosas eran de ensino obrigatorio); ademais controlaba os costumes sociais (matrimonio relixioso, prohibición do ..................................., censura de publicacións e espectáculos, etc.) e adquiriu un forte poder económico ao devolverlle o réxime franquista grande parte das súas ...................................
Franco tamén contou co apoio dos ..................................., defensores dun réxime fascista, aínda que estes perderon influencia desde 1945, e dos ..................................., aínda que tamén se distanciaron de Franco co tempo, ante a súa negativa a restaurar a monarquía.”
“O franquismo durou en España trinta e seis anos debido ao apoio de moitos grupos sociais: o exército foi o principal apoio do réxime, ao encargarse da seguridade do Estado. Por outra banda a igrexa estivo ó lado de Franco xa que este defendía os privilexios eclesiásticos: a igrexa dirixía a educación (as materias relixiosas eran de ensino obrigatorio); ademais controlaba os costumes sociais (matrimonio relixioso, prohibición do divorcio, censura de publicacións e espectáculos, etc.) e adquiriu un forte poder económico ao devolverlle o réxime franquista grande parte das súas propiedades.
Franco tamén contou co apoio dos falanxistas, defensores dun réxime fascista, aínda que estes perderon influencia desde 1945, e dos monárquicos, aínda que tamén se distanciaron de Franco co tempo, ante a súa negativa a restaurar a monarquía.”
§ Calquera texto da área de Ciencia sociais, xeografía e historia correspondente ao cuarto curso de ESO; recoméndase o libro de Obradoiro-Santillana:
– Tarefa 1: unidade 18, páxina 296.
– Tarefa 2: unidade 18, páxinas 298 e 300.
– Tarefa 3: unidade 18, páxina 296.
No hay comentarios:
Publicar un comentario