Dirección Xeral de
Formación Profesional e Ensinanzas Especiais
Material para a
preparación de probas a distancia
Grao
|
Medio
|
Proba
|
Sociocultural
|
Parte da proba
|
Xeografía, historia e sociedade
|
Unidade didáctica
|
10. A España do século XX
(desde a II República á actualidade)
|
Actividade
|
1. A II República e a Guerra Civil
|
Autores
|
Grupo de traballo de
desenvolvemento de material para a preparación das probas de acceso
|
Nome do arquivo
|
UD10_A01_Segunda.República.e.Guerra.Civil.doc
|
Índice
§
A
España do século XX (desde a II República ata a actualidade).
§
A II
República e a Guerra Civil.
§
Trátase
de secuenciar cronoloxicamente as principais etapas da historia da humanidade,
así como identificar os trazos característicos máis salientables.
§
Interpretar
gráficos, eixes, cadros e frisos cronolóxicos diferenciando grandes períodos de
evolución e feitos de curta duración.
§
Gardar
as proporcións nas representacións dos eixes cronolóxicos e representar correctamente
feitos históricos importantes.
§
Os
séculos XX e XXI: o mundo actual.
–
O
século XX en España (síntese).
§
Análise
e interpretación de gráficos, diapositivas, fotografías, etc.
§
Localización
dos feitos históricos
§
Secuenciación
dos feitos mediante frisos históricos
§
Valoración
dos cambios da sociedade española do século XX e coñecemento das experiencias
políticas (democracia, ditadura, transición á democracia, etc.) que aconteceron
no último século.
§
Tipo
da actividade: a distancia, de aprendizaxe e individual.
§
Temporalización:
40 minutos.
–
Tarefa
1: cinco minutos.
–
Tarefa
2: dez minutos.
–
Tarefa
3: dez minutos.
–
Tarefa
4: cinco minutos.
–
Tarefa
5: dez minutos.
§
Recursos:
–
Materiais:
calquera texto da área de Ciencia sociais, xeografía e historia correspondentes
ao cuarto curso de ESO; recomendamos particularmente o libro da editorial Obradoiro-Santillana:
– Tarefa 1: unidade 14, páxinas 232 e 234 e
238.
– Tarefa 2: unidade 14, páxina 232.
– Tarefa 3: unidade 14, páxinas 232 e 234.
– Tarefa 4: unidade 14, páxinas 232 e 234.
– Tarefa 5: unidade 14, páxina 238.
Nesta actividade preténdese
describir as grandes transformacións iniciadas en España durante o período da II
República. Veremos que estas reformas trouxeron consigo unha fonda división da
sociedade española. A división de España en dous bandos antagónicos e irreconciliables
desembocará nun dos sucesos máis graves e de peores consecuencias para o futuro
da historia española: a Guerra Civil. Esta guerra interna cobrará un aspecto
internacional, xa que os bandos enfrontados nela recibirán apoios de países
estranxeiros. Neste sentido, a Guerra Civil española
constituirá un preludio do que será a futura II Guerra Mundial.
Nesta actividade
preténdese situar cronoloxicamente e caracterizar as épocas da II República e
da Guerra Civil.
Consideramos dividido o
período republicano en tres fases diferenciadas: o bienio progresista
(1931-1933), a etapa de goberno da dereita (1933-1936) e a etapa da Fronte
Popular (1936).
@ Traballaremos na tarefa 1 a secuencia
cronolóxica do período estudado nesta actividade, é dicir, a II República e a
Guerra Civil.
& Pode ampliar os contidos relativos á II
República no libro de Obradoiro-Santillana de 4º de ESO na unidade 14, páxinas
232, 234 e 238.
Das tres fases
polas que pasou a experiencia política republicana destaca unha serie de
acontecementos de especial relevancia. Durante o primeiro bienio (de maioría
progresista) cabe salientar as reformas agraria, relixiosa e autonómica. Préstaselle
unha atención específica á Constitución do ano 1931, que referenda o carácter
democrático do réxime republicano.
@ A tarefa 2 persegue o coñecemento dalgúns
dos trazos básicos da Constitución de 1931.
Durante a etapa
de goberno dos partidos de dereita (CEDA e Partido Radical), destacan a
inestabilidade e o carácter reaccionario da súa política. A última etapa, co
goberno da Fronte Popular (coalición de forza políticas de esquerdas),
caracterizouse pola conflitividade social e a profunda división experimentada,
antecedente claro da inminente Guerra Civil.
@ Faremos un breve repaso dos principais
acontecementos dos períodos republicanos na tarefa 3.
Ao longo do
período republicano destacaron determinados personaxes que tiveron un
protagonismo político relevante nas distintas etapas da evolución da II
República, como é o caso de Niceto Alcalá Zamora, Manuel Azaña ou Alexandre
Lerroux.
@ Situaremos algúns deses personaxes
destacados no seu contexto histórico na tarefa 4.
Para rematar esta
actividade perséguese como obxectivo salientar cales foron os bandos
contendentes durante a Guerra Civil: o nacional e o republicano. Os dous
recibiron apoios internacionais: o bando nacional, de Italia e Alemaña,
fundamentalmente; os republicanos, de Rusia e dun grupo de voluntarios de distintos
países, as Brigadas Internacionais. Este apoio estranxeiro deulle un carácter
internacional á Guerra Civil española e contribuíu a prolongar a súa duración. Neste
sentido, a Guerra Civil española pódese considerar como un anticipo do
enfrontamento entre fascismo e democracia que terá lugar pouco tempo despois no
decurso da II Guerra Mundial.
@ Traballaremos aspectos relacionados cos
bandos enfrontados na Guerra Civil coa realización da tarefa 5.
§
Tarefa
1: Cronoloxía da II República e da Guerra Civil.
§
Tarefa
2: A Constitución de 1931.
§
Tarefa
3: Principais acontecementos da II República.
§
Tarefa
4: Os protagonistas da II República.
§
Tarefa
5: Os bandos enfrontados na Guerra Civil.
Lembremos a través
desta tarefa cando comezan e cando finalizan os dous períodos estudados nesta
actividade: a II República e a Guerra Civil.
§
Localice na liña de tempo as datas dos
seguintes acontecementos históricos:
a) Comezo da II
República
|
b) Final da II
República e comezo da Guerra Civil
|
c) Final da Guerra
Civil
|
A Constitución de 1931
constitúe un dos aspectos máis destacados na implantación dun sistema
democrático na España dos anos 30. Repase os seus contidos nun libro de 4º de
ESO e realice o que se pide.
§
Indique
na columna da dereita se as características citadas na columna da esquerda sobre
a Constitución de 1931 son verdadeiras (V) ou falsas (F).
CARACTERÍSTICAS
|
V/F
|
Non recoñece dereitos
e liberdades das persoas
|
|
Recoñece a liberdade
de conciencia e o dereito a practicar calquera relixión
|
|
Establece dúas
cámaras parlamentarias
|
|
Recoñece a
posibilidade de formar rexións autónomas
|
|
Recoñece o dereito de
voto feminino
|
|
Recoñece o dereito a
estar representados no Parlamento só a dous partidos políticos
|
CARACTERÍSTICAS
|
V/F
|
Non recoñece dereitos
e liberdades das persoas
|
F
|
Recoñece a liberdade
de conciencia e o dereito a practicar calquera relixión
|
V
|
Establece dúas
cámaras parlamentarias
|
F
|
Recoñece a
posibilidade de formar rexións autónomas
|
V
|
Recoñece o dereito de
voto feminino
|
V
|
Recoñece o dereito a
estar representados no Parlamento só a dous partidos políticos
|
F
|
A evolución política da
II República non foi uniforme. Nela diferéncianse tres períodos: dous de
orientación ideolóxica de esquerdas (Bienio Progresista e Fronte Popular) e un
de dereitas (goberno de dereitas). Lembraremos algúns dos sucesos máis
destacados que caracterizaron eses períodos.
§
Localice
na columna da dereita na etapa da República que lles corresponda os acontecementos
citados na columna da esquerda. Lembre que as etapas son:
Bienio Progresista (BP) – etapa
do goberno de dereitas (GD)– Fronte Popular (FP)
ACONTECEMENTOS
|
ETAPAS
|
Sucesión de folgas e
ocupacións de terras polo campesiñado
|
|
Revolución social dos
mineiros asturianos
|
|
Reforma relixiosa:
matrimonio civil e divorcio
|
|
Reforma agraria: reparto
de latifundios non cultivados entre o campesiñado
|
|
Aprobación do
Estatuto autonómico catalán
|
|
Proclamación da
República catalá
|
|
Amnistía para as
persoas encarceradas polos acontecementos de outubro de 1934
|
ACONTECEMENTOS
|
ETAPAS
|
Sucesión de folgas e
ocupacións de terras polo campesiñado
|
FP
|
Revolución social dos
mineiros asturianos
|
GD
|
Reforma relixiosa:
matrimonio civil e divorcio
|
BP
|
Reforma agraria: reparto
de latifundios non cultivados entre o campesiñado
|
BP
|
Aprobación do
Estatuto autonómico catalán
|
BP
|
Proclamación da
República catalá
|
GD
|
Amnistía para as
persoas encarceradas polos acontecementos de outubro de 1934
|
FP
|
A II República foi unha
obra conxunta de todos os españois. Porén, destacan algúns personaxes
importantes entre os protagonistas deste período. Imos situar algúns dos máis
salientables no período republicano que lles corresponda.
§
Introduza
en cada un dos espazos punteados o nome dun dos personaxes protagonistas da II
República presentes na seguinte lista:
Lluis Companys
|
Largo Caballero
|
Manuel Azaña
|
Alexandre Lerroux
|
Niceto Alcalá Zamora
|
Gil Robles
|
a)
.................................... foi o primeiro presidente da República.
b) O presidente da
Generalitat, ...................................., proclamou en outubro de 1934
a República Catalá.
c) Un dos líderes do Partido
Socialista Obreiro Español durante a II República era ....................................
d) Durante o Bienio
Progresista, .................................... foi o xefe do Goberno da
coalición entre republicanos e socialistas.
e) O xefe do Goberno a
partir de novembro de 1933 foi ....................................
f) A Confederación de
Dereitas Autónomas (CEDA) foi un partido creado en 1933 por ....................................
a) Niceto Alcalá Zamora
foi o primeiro presidente da República.
b) O presidente da
Generalitat, Lluis Companys, proclamou en outubro de 1934 a República Catalá.
c) Un dos líderes do Partido
Socialista Obreiro Español durante a II República era Largo Caballero.
d) Durante o Bienio
Progresista Manuel Azaña foi o xefe do Goberno da coalición entre republicanos
e socialistas.
e) O xefe de goberno a
partir de novembro de 1933 foi Alexandre Lerroux.
f) A Confederación de
Dereitas Autónomas (CEDA) foi un partido creado en 1933 por Gil
Robles.
Entre xullo de 1936 e
abril de 1939 tivo lugar un dos sucesos máis tráxicos da nosa historia: a
Guerra Civil española. O enfrontamento entre dúas concepcións de España
radicalmente diferentes prolongarase durante unha longa guerra devastadora e
destrutora. Esta guerra significará a fin dunha experiencia de goberno
democrático que tardará moitos anos en volver ao noso país.
§
Complete
o seguinte texto relacionado coa Guerra Civil utilizando para isto as palabras
que aparecen deseguido:
Italia
|
nacional
|
abril
|
1936
|
xullo
|
Alemaña
|
Brigadas
Internacionais
|
URSS
|
republicano
|
1939
|
Franco
|
“O día 17 de ............................
de ............................, o xeneral ............................ sublevouse
ao mando do exército de África. Como resultado disto, España quedou dividida en
dous bandos: o autodenominado ............................, apoiado por ............................
e ............................, e o ............................, que contou co
apoio das ............................ e da ............................ Tras
varios anos de loita, o 1 de ............................ de ............................
remataba a guerra coa vitoria dos sublevados.”
“O día 17 de xullo
de 1936, o xeneral Franco sublevouse ao mando do
exército de África. Como resultado disto, España quedou dividida en dous
bandos: o autodenominado nacional, apoiado por Alemaña
e Italia, e o republicano,que contou co apoio
das brigadas internacionais e da URSS.
Tras varios anos de
loita, o 1 de abril de 1939 remataba a guerra coa vitoria
dos sublevados.”
§
Calquera
texto da área de Ciencia sociais, xeografía e historia correspondentes ao cuarto
curso de ESO; recomendamos particularmente o libro da editorial Obradoiro-Santillana:
–
Tarefa
1: unidade 14, páxinas 232 e 234 e 238.
–
Tarefa
2: unidade 14, páxina 232.
–
Tarefa
3: unidade14, páxinas 232 e 234.
–
Tarefa
4: unidade 14, páxinas 232 e 234.
–
Tarefa
5: unidade14, páxina 238.
No hay comentarios:
Publicar un comentario