Dirección Xeral de
Formación Profesional e Ensinanzas Especiais
Material para a
preparación de probas a distancia
Grao
|
Medio
|
Proba
|
Sociocultural
|
Parte da proba
|
Xeografía, historia e sociedade
|
Unidade didáctica
|
10. A España do século XX
(desde a II República á actualidade)
|
Actividade
|
3. A España democrática
|
Autores
|
Grupo de traballo de
desenvolvemento de material para a preparación das probas de acceso
|
Nome do arquivo
|
UD10_A03_A.España.democrática.doc
|
Índice
§
A
España do século XX (desde a II República ata a actualidade).
§
A
España democrática.
§
Recoñecer
as principais características na sociedade española actual e diferencialas das
de principios do século XX.
§
Valorar
os cambios da sociedade española do século XX e coñecer as experiencias políticas
(democracia, ditadura, transición á democracia, etc.) que aconteceron no último
século.
§
Os
séculos XX e XXI: o mundo actual.
–
O
século XX en España (síntese)
§
Análise
e interpretación de gráficos, diapositivas, fotografías, etc.
§
Localización
dos feitos históricos.
§
Secuenciación
dos feitos mediante frisos históricos.
§
Identificación
dos problemas da España actual.
§
Tipo
da actividade: a distancia, de aprendizaxe e individual.
§
Temporalización:
45 minutos.
–
Tarefa
1: cinco minutos.
–
Tarefa
2: quince minutos.
–
Tarefa
3: quince minutos.
–
Tarefa
4: dez minutos.
–
Materiais: calquera texto da área de Ciencia sociais, xeografía e historia correspondentes
a 4º de ESO; recoméndase o libro de Obradoiro-Santillana:
– Tarefa 1: unidade 18, páxina 302 e 304.
– Tarefa 2: unidade 18, páxina 308 e 309.
– Tarefa 3: unidade 18, páxina 302 e 304.
– Tarefa 4: unidade 18, páxina 302 e 304.
Nesta unidade
estudaremos a situación de España desde a morte de Franco ata a definitiva
estabilización democrática. Veremos que o paso dun réxime ditatorial a outro
democrático se produciu pola vía do diálogo, o consenso e a tolerancia.
Diferenciaremos varias etapas neste proceso de consolidación da democracia. Así
mesmo, prestarémoslle unha especial atención á Constitución de 1978, un dos
exemplos máis significativos dese desexo de liberdade, tolerancia e convivencia
pacífica que caracteriza este período.
Trala morte de Franco
en 1975, comezou en España a época democrática. O obxectivo da presente
actividade é o de situar cronoloxicamente este período, diferenciando as etapas
nas que se divide en función do partido político gobernante nelas: etapa de
transición cara á democracia, durante a que goberna UCD (1975-1982); etapa de
goberno do PSOE (1982-1996) e etapa de goberno do PP (1996-2004).
@ Realizaremos na primeira tarefa o proceso
de secuenciación cronolóxica do período denominado “transición á democracia”.
& Pode ampliar os contidos relativos a esta
unidade no libro de Obradoiro-Santillana de 4º de ESO, unidade 18, páxinas 302
a 311.
Igualmente,
preténdese salientar os protagonistas máis destacados destas diferentes etapas (presidentes
do goberno como Adolfo Suárez, Felipe González ou José María Aznar), así como
os acontecementos máis relevantes producidos en cada unha delas.
@ Traballaremos con aspectos relacionados
coas etapas da transición á democracia e os seus principais acontecementos na
terceira tarefa.
@ Así mesmo, na cuarta tarefa analizaremos
algúns dos feitos relevantes que protagonizaron personaxes destacados no
período democrático en España.
Faise un especial
fincapé na Constitución de 1978, que consolida en España un réxime democrático
despois dos anos de ditadura da época franquista.
@ A segunda tarefa pretende centrar a
atención nas características da Constitución que lle confiren ao Estado español
o seu carácter democrático. Deberase saber diferenciar estas características
dos trazos representativos dun réxime político totalitario.
2.2 Tarefas
2.2 Tarefas
§
Tarefa
1: Cronoloxía do período.
§
Tarefa
2: Características da Constitución de 1978.
§
Tarefa
3: Etapas e principais acontecementos de cada etapa.
§
Tarefa
4: Os protagonistas da España democrática.
Imos facer unha secuencia
cronolóxica dalgúns dos principais acontecementos ocorridos en España trala
morte de Franco. Repase os contidos e faga o que se pide.
§
Sinale
na liña do tempo os seguintes acontecementos relacionados coa España democrática:
A) Morte de Franco
|
B) Aprobación da
Constitución en referendo
|
C) Chegada ao poder
do PSOE
|
D) Chegada ao poder
do PP
|
Entre os retos máis
importantes que tiña ante si España trala m
orte de Franco estaba o de dotarse dun novo marco político democrático, para o que era imprescindible a elaboración dunha Constitución que servise de marco común no que desenvolver a nova experiencia democrática en liberdade e en paz.
orte de Franco estaba o de dotarse dun novo marco político democrático, para o que era imprescindible a elaboración dunha Constitución que servise de marco común no que desenvolver a nova experiencia democrática en liberdade e en paz.
Repasaremos deseguido
os trazos principais da Constitución de 1978.
§
Indique
na columna da dereita se as características da Constitución de 1978 citadas na
columna da esquerda son verdadeiras (V) ou non o son (F):
CARACTERÍSTICAS
|
V/F
|
Proclama a soberanía nacional,
que reside no pobo español, de quen emanan os poderes do Estado
|
|
Non recoñece os
dereitos das persoas
|
|
A forma política do
Estado español é a monarquía absoluta
|
|
Recoñece a existencia
da pena de morte
|
|
Garante o pluralismo
político a partir da libre creación de partidos
|
|
Só permite a
existencia dun partido político
|
|
Rexeita calquera tipo
de discriminación por razóns de nacemento, raza, sexo, relixión ou opinión
|
|
A forma política do
Estado español é a monarquía parlamentaria
|
|
Os españois non son
iguais ante a lei
|
|
Garántese a liberdade
ideolóxica, relixiosa e de culto dos individuos
|
CARACTERÍSTICAS
|
V/F
|
Proclama a Soberanía
Nacional, que reside no pobo español, de quen emanan os poderes do Estado
|
V
|
Non recoñece os
dereitos das persoas
|
F
|
A forma política do
Estado español é a monarquía absoluta
|
F
|
Recoñece a existencia
da pena de morte
|
F
|
Garante o pluralismo
político a partir da libre creación de partidos
|
V
|
Só permite a
existencia dun partido político
|
F
|
Rexeita calquera tipo
de discriminación por razóns de nacemento, raza, sexo, relixión ou opinión
|
V
|
A forma política do
Estado español é a onarquía parlamentaria
|
V
|
Os españois non son
iguais ante a lei
|
F
|
Garántese a liberdade
ideolóxica, relixiosa e de culto dos individuos
|
V
|
O proceso de
consolidación da democracia non foi doado; estivo salpicado de dificultades e
de éxitos. Repasaremos deseguido algúns acontecementos destacados neste
proceso.
§
Relacione
os acontecementos da columna da esquerda co partido político que gobernaba en
España cando sucedeu cada un deles, indicando na columna da dereita as siglas deses
partidos (UCD, PSOE ou PP)
ACONTECEMENTOS
|
PARTIDO
|
Aumento da
inmigración ilegal
|
|
Intento golpista do
23-F
|
|
Incorporación de
España á Comunidade Económica Europea
|
|
Crise económica e
política de reconversión industrial
|
|
Legalización dos
partidos políticos
|
|
Establecemento da
moeda única: o euro
|
|
Aprobación en
referendo da Constitución
|
|
Aprobación da Lei de partidos
para mellorar a loita contra o terrorismo
|
|
Ingreso de España na
OTAN
|
ACONTECEMENTOS
|
PARTIDO
|
Aumento da
inmigración ilegal
|
PP
|
Intento golpista do
23-F
|
UCD
|
Incorporación de
España á Comunidade Económica Europea
|
PSOE
|
Crise económica e
política de reconversión industrial
|
PSOE
|
Legalización dos
partidos políticos
|
UCD
|
Establecemento da
moeda única: o euro
|
PP
|
Aprobación en
referendo da Constitución
|
UCD
|
Aprobación da Lei de partidos
para mellorar a loita contra o terrorismo
|
PP
|
Ingreso de España na
OTAN
|
UCD
|
A transición á
democracia en España foi unha obra colectiva de todos os españois. Con todo,
algúns personaxes merecen unha mención destacada polas súas inestimables
contribucións neste proceso. Imos recordar algúns.
§
Complete
as seguintes frases cos personaxes destacados durante as distintas etapas da
España democrática que figuran na seguinte lista.
José María Aznar
|
Felipe González
|
Adolfo Suárez
|
Leopoldo Calvo
Sotelo
|
“Os Pactos da Moncloa asináronse
entre os distintos partidos políticos durante o goberno de
................................................
A decisión máis
importante de ................................................ foi o ingreso de
España na OTAN.
España incorporouse á
Comunidade Económica Europea baixo o mandato de ................................................
En 1996, o PP gañou as
eleccións, co que ................................................ pasou a ser presidente
do Goberno.
“Os Pactos da Moncloa asináronse
entre os distintos partidos políticos durante o goberno de Adolfo Suárez.
A decisión máis
importante de Leopoldo Calvo Sotelo foi o ingreso de España na OTAN.
España incorporouse á
Comunidade Económica Europea baixo o mandato de Felipe González.
En 1996, o PP gañou as
eleccións, co que José María Aznar pasou a ser presidente do Goberno.
§
Calquera
texto da área de Ciencia sociais, xeografía e historia correspondentes a 4º de ESO;
recoméndase o libro de Obradoiro-Santillana:
–
Tarefa
1: unidade 18, páxina 302 e 304.
–
Tarefa
2: unidade 18, páxina 308 e 309.
–
Tarefa
3: unidade 18, páxina 302 e 304.
–
Tarefa
4: unidade 18, páxina 302 e 304.
No hay comentarios:
Publicar un comentario