Dirección Xeral de
Formación Profesional e Ensinanzas Especiais
Material para a
preparación de probas a distancia
Grao
|
Medio
|
Proba
|
Sociocultural
|
Parte da proba
|
Xeografía, historia e sociedade
|
Unidade didáctica
|
18. Mapas e gráficas
|
Actividade
|
1. A orientación e a
localización no mapa
|
Autores
|
Grupo de traballo de
desenvolvemento de material para a preparación das probas de acceso
|
Nome do arquivo
|
UD18_A01_Os.mapas.e.a.orientación.doc
|
Índice
§
Mapas
e gráficas.
§
A
localización e a orientación no mapa. Coñecemento dos elementos do mapa; as coordenadas
xeográficas e a localización.
§
Coñecer
a latitude e a súa medición
§
Coñecer
a lonxitude e a súa medición
§
Recoñecer
as coordenadas xeográficas
§
Identificar
os paralelos fundamentais
§
Localizar
o meridiano de referencia e situar puntos respecto a el
§
Localizar
un punto nun mapa a partir das coordenadas xeográficas
§
Análise
e interpretación de gráficos, diapositivas, fotografías, etc.
§
Interpretación
de datos estatísticos e imaxes.
§
O
espazo e a súa representación.
–
Planos
e mapas.
–
A
fotografía aérea.
–
A
escala.
–
Orientación
e localización: latitude e lonxitude.
§
Tipo
da actividade: a distancia, de aprendizaxe, escrita e individual.
§
Temporalización:
15 minutos
–
Tarefa
1: cinco minutos.
–
Tarefa
2: cinco minutos.
–
Tarefa
3: cinco minutos.
§
Recursos:
–
Materiais:
consultarase a información contida no libro de 1º de ESO “Xeografía e Historia”,
da editorial Santillana-Obradoiro, unidade didáctica 1 (“O planeta Terra”), páxinas
6 a 19.
Introducímonos nesta
unidade no estudo da cartografía; é dicir, no xeito de representar a realidade
nos mapas. Para podermos localizar os espazos e coñecer mellor un determinado
territorio utilizamos con frecuencia todo un conxunto de representacións da
realidade: o globo terráqueo, os planisferios e os mapas. Nesta unidade
centrarémonos no coñecemento e no dominio das técnicas básicas para localizar
puntos no planeta e para nos orientar nel. Así, veremos que se utilizan unhas
liñas imaxinarias que nos permiten cuadricular o globo. Unha vez determinada a
cuadrícula, podemos indicar onde se sitúa calquera punto que queiramos
localizar. Esa cuadrícula vén definida por unhas liñas verticais (denominadas
meridianos) e unha liñas horizontais (denominadas paralelos). O punto de corte
entre unha liña e a outra determina a localización do punto.
Un dos obxectivos da xeografía
é o coñecemento do espazo no que vivimos. Cando queremos coñecer un territorio
podemos utilizar diferentes fontes de información: estatísticas (datos
ordenados de carácter natural, social ou económico), fontes audiovisuais (cine,
documentais e produtos multimedia) e fontes gráficas. Entre as fontes gráficas
destacan as fotografías, que poden ser convencionais (as que tomamos todos
cando visitamos un lugar a pé) ou aéreas (tomadas en altura, desde avións ou
satélites); as gráficas e os diagramas, que presentan os datos estatísticos en
forma visual, e as fontes cartográficas, é dicir, os mapas e os planos, que
resultan de especial importancia.
& Consulte o libro “Xeografía e Historia” de
1º de ESO da Editorial Santillana-Obradoiro, nas páxinas 14 e 15, para repasar
as formas de representación da Terra.
Os intentos de
debuxar mapas que representasen a Terra son moi antigos. A ciencia de
representación dos mapas (a cartografía) está moi avanzada hoxe en día grazas aos
modernos métodos informáticos e ás imaxes tomadas polos satélites.
Para poder localizar
puntos sobre a superficie terrestre estableceuse unha rede imaxinaria de
meridianos e paralelos. Os meridianos son liñas imaxinarias que van de polo a polo
e miden a lonxitude. O meridiano fundamental é o que pasa por Greenwich (preto
de Londres), denominado meridiano 0º. A partir de aí queda establecida a
lonxitude dos lugares. Esta pode ser oeste (para todos os lugares situados á
esquerda do meridiano que pasa por Londres) ou leste (para todos os lugares
situados á dereita de Londres). Os paralelos son liñas imaxinarias paralelas ao
Ecuador, que é o paralelo fundamental que divide o globo terráqueo en dúas
metades: o hemisferio norte e o hemisferio sur. Os paralelos miden a latitude,
que pode ser norte (para todos os puntos situados por riba do Ecuador) ou sur
(para todos os puntos situados por baixo do Ecuador). Os paralelos máis
importantes son o Ecuador (latitude 0º), que divide o planeta en hemisferios norte
e sur; o Trópico de Cáncer, ao norte do Ecuador; o Trópico de Capricornio,
situado ao sur do Ecuador, e os círculos polares, o Círculo Polar Ártico, próximo
ao Polo Norte, e o Círculo Polar Antártico, próximo ao Polo Sur.
@ Nas tarefas 1 e 2 traballaremos co
recoñecemento dos datos fundamentais do globo terráqueo e a aprendizaxe da
orientación e a localización de puntos sobre o globo terráqueo.
Os datos de
latitude e lonxitude dun lugar constitúen as súas coordenadas xeográficas. Así,
tomando como referencia a posición do lugar respecto ao Ecuador e ao meridiano
de Londres podemos localizar calquera punto sobre o planeta.
A latitude mídese
a partir do Ecuador. Este lugar ten latitude 0º e a partir de aí os paralelos
situados ao norte vana medindo ata chegar ao Polo Norte, que ten latitude 90º norte.
O mesmo ocorre cando nos movemos desde o Ecuador cara ao sur, chegando a 90º de
latitude sur no Polo Sur.
A lonxitude parte
de 0º en Greenwich (Londres). Desde aí vai crecendo ata os 180º leste (á
dereita de Londres) e os 180º oeste (á esquerda de Londres).
@ Realizaremos prácticas de determinación
das coordenadas xeográficas de distintos lugares do planeta na tarefa 3.
& Pode completar esta información lendo os
contidos do libro de referencia, na páxina 16 (“As coordenadas xeográficas”).
Lembremos que un
mapa é unha representación simplificada dunha parte da superficie terrestre,
feita a escala. Para poder representar calquera superficie sobre un papel cómpre
reducila. Esa redución do tamaño da realidade realízase mediante unha relación
de redución denominada escala. Así, a escala permite establecer a relación
entre as lonxitudes medidas do mapa e as lonxitudes que corresponden na
realidade.
§
Tarefa
1: Paralelos e meridianos.
§
Tarefa
2: Localización e orientación.
§
Tarefa
3: Coordenadas xeográficas.
Lembremos que os paralelos son liñas imaxinarias
paralelas ao Ecuador que miden a latitude. O Ecuador é o círculo máximo do
globo terráqueo que divide a Terra en dous hemisferios: o norte e o sur. Outros
paralelos de importancia son o Trópico de Cáncer, o Trópico de Capricornio, o
Círculo Polar Ártico e o Círculo Polar Antártico.
Os meridianos son liñas imaxinarias que van do
Polo Norte ao Polo Sur. O meridiano que pasa por Londres é o meridiano 0º, a
partir do cal se mide a lonxitude, que pode ser oeste ou leste (segundo estea á
esquerda ou á dereita de Londres).
§ Observe o globo terráqueo e sitúe nel o
que se pide:
– Polo Norte.
– Polo Sur.
– Hemisferio Norte.
– Hemisferio Sur.
– Círculo Polar Ártico.
– Círculo Polar Antártico.
– Trópico de Cáncer.
– Trópico de Capricornio.
2.2.2 Tarefa 2: Localizamos
lugares e orientámonos
As coordenadas
xeográficas dun lugar indícannos a posición dese lugar no globo terráqueo. Son
a latitude e a lonxitude dese lugar. A latitude expresa a distancia ao Ecuador
e debe indicar se se sitúa ao norte ou ao sur do Ecuador. A lonxitude expresa a
posición dese lugar respecto ao meridiano que pasa por Londres e precisa se se
atopa ao oeste ou ao leste de Londres.
§
Observe
o planisferio e indique a latitude (norte ou sur) e a lonxitude (oeste ou leste)
dos lugares que se pide.
–
A:
latitude norte, lonxitude leste.
–
B:
latitude norte, lonxitude oeste.
–
C:
latitude norte, lonxitude oeste.
–
D:
latitude sur, lonxitude oeste.
–
E:
latitude norte, lonxitude leste.
As coordenadas
xeográficas dun lugar son a expresión da súa latitude e da súa lonxitude. A
latitude mídese a partir do Ecuador e pode ir de 0º no Ecuador a 90º norte ou sur
nos polos. A lonxitude mídese a partir do meridiano 0º (Greenwich, preto de
Londres) e pode ir de 0º a 180 º leste (cara á dereita de Londres) ou oeste
(cara á esquerda de Londres).
§
Determine
a lonxitude dos lugares indicados no planisferio da tarefa anterior.
A: 40º latitude norte,
150º lonxitude leste.
B: 40º latitude norte,
10º lonxitude oeste.
C: 60º latitude norte,
110º lonxitude oeste.
D: 20º latitude sur,
60º lonxitude oeste.
E: 50º latitude norte,
90º lonxitude leste.
§
Para
o estudo dos contidos desta actividade débese repasar a unidade 1 do libro “Xeografía
e Historia” 1º de ESO, de Santillana-Obradoiro, páxinas 6 a 17. Así mesmo, pódense
consultar as unidades correspondentes de calquera outro libro de texto de 1º de
ESO.
No hay comentarios:
Publicar un comentario