Como toda organización,
a Unión Europea conta con diversas institucións nas que interveñen
representantes dos países membros. As máis importantes destas institucións son
as seguintes:
§
A
Comisión Europea: vén sendo o goberno da organización, formado por un presidente
e uns ministros ou comisarios (vinte e cinco, un por cada país membro). Ten a
súa sede en Bruxelas.
§
O
Consello da Unión Europea: intégrano os ministros de asuntos exteriores dos
países membros e ten unha función lexislativa, xa que aproba as leis
comunitarias. Localízase tamén en Bruxelas.
§
O
Consello Europeo: constituído por xefes de estado ou de goberno dos países membros.
Toma decisións importantes e define orientacións e a política xeral. Está
presidido polo xefe de estado ou de goberno do país que, en períodos de seis
meses, preside a Unión Europea. A súa sede está en Bruxelas ou na capital do
país que o preside.
§
O
Parlamento europeo: compóñeno deputados de todos os países elixidos cada catro
anos por sufraxio universal (voto de todas as persoas maiores de idade).
Controla a Comisión, que ten que renderlle contas da súa actuación, e aproba os
orzamentos da organización. Posúe a súa sede en Estrasburgo.
§
O
Tribunal de Xustiza (sede en Luxemburgo) ten unha función xudicial e serve para
garantir o cumprimento dos tratados e o respecto ás leis comunitarias. Está
presidido por xuíces que representan os estados membros. Renóvase cada cinco
anos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario