Na actividade
preténdese contrastar os trazos definidores do absolutismo propio do Antigo
Réxime coas características do sistema democrático actual. Tamén se intenta
facer un pequeno achegamento aos acontecementos e aos reinados máis
representativos da historia moderna de España e ás institucións de goberno
galegas deste período.
Durante a Idade
Moderna predominaban en case toda Europa as monarquías absolutas. Estas formas
de goberno, baseadas na concentración de poder nas mans dos monarcas por
mandato divino, eran totalmente opostas ao sistema político democrático que
existe na actualidade na Unión Europea.
@ A través da tarefa primeira compararemos e
diferenciaremos as características da monarquía absoluta coas dun sistema
democrático.
& Consulte o libro de texto de referencia na
unidade 4, páxina 66, para ampliar contidos.
Nesta época, os
países europeos mantiñan continuas guerras por motivos relixiosos e tamén por
acadar o predominio no continente. España xogaba entón un papel moi destacado.
Os monarcas da casa de Austria (Carlos I, Filipe II, Filipe III, Filipe IV e
Carlos II) reinaron durante os séculos XVI e XVII. Despois da morte de Carlos
II sen herdeiros, chegaron ó trono español os reis da casa de Borbón (Filipe V,
Fernando VI, Carlos III e Carlos IV) que reinaron ó longo do século XVIII.
& Pode ampliar información sobre España entre
os séculos XVI a XVIII no libro de referencia, na unidade 3 (páxinas 46 e 48), na
unidade 4 (páxinas 62 e 63) e na unidade 6 (páxinas 104 e 105).
@ Na segunda tarefa realizaremos unha liña
do tempo na que situaremos algúns acontecementos destacados da historia de
España nestes tres séculos.
@ Na terceira tarefa relacionaremos cada
reinado español da Idade Moderna coa súa cronoloxía.
Galicia viuse
durante o Antigo Réxime totalmente sometida ao control da monarquía española.
As institucións de goberno galegas durante os séculos XVI e XVII estaban
controladas polos representantes do goberno central. Entre estas institucións
podemos destacar as seguintes: gobernador Capitanía Xeral, Real Audiencia e
Xuntas do Reino. No século XVIII as reformas realizadas polos reis da casa de
Borbón provocaron a aparición dunha nova institución: a Intendencia.
& No relativo a Galicia durante o Antigo
Réxime pode consultar o libro de referencia na unidade 3 (páxina 54) e na
unidade 6 (páxina 106).
§
Tarefa
1: Características da monarquía absoluta.
§
Tarefa
2: Cronoloxía dos acontecementos da historia moderna de España.
§
Tarefa
3: Os reinados españois durante a Idade Moderna.
§
Tarefa
4: As institucións de goberno en Galicia no Antigo Réxime.
O absolutismo
monárquico é unha forma de goberno propia do Antigo Réxime. Está baseado na figura
do rei, que concentra todos os poderes e non rende contas máis que a Deus.
§
Indique
cales das características que aparecen deseguido son propias dun sistema
político absolutista (ABS) e cales son propias dun sistema político democrático
(DEM):
CARACTERÍSTICAS
|
ABS / DEM
|
O rei posúe todo o
poder
|
|
Os cidadáns elixen os
gobernantes co seu voto
|
|
As persoas non teñen
ningún dereito
|
|
Existe división de
poderes
|
|
As leis recóllense
nunha constitución
|
|
As leis non son
iguais para todas as persoas
|
|
CARACTERÍSTICAS
|
ABS / DEM
|
O rei posúe todo o
poder
|
ABS
|
Os cidadáns elixen os
gobernantes co seu voto
|
DEM
|
As persoas non teñen
ningún dereito
|
ABS
|
Existe división de
poderes
|
DEM
|
As leis recóllense
nunha constitución
|
DEM
|
As leis non son
iguais para todas as persoas
|
ABS
|
Durante os séculos da
Idade Moderna, España xogou un papel destacado en Europa: o século XVI foi o
século do predominio español en Europa; o século XVII foi unha época de crise e
decadencia política; o século XVIII trouxo unha nova dinastía, a de Borbón, que
continúa reinando na actualidade. Consulte o libro de texto e realice o que se
pide.
§
Deseguido
aparece unha serie de acontecementos destacados da historia moderna de España.
A) Escriba na
columna da dereita as súas datas, seguindo o exemplo:
a) Conquista de
Granada polos Reis Católicos
|
|
b) Expulsión dos
mouriscos de España
|
|
c) Tratado de Utrecht
|
1713
|
d) Batalla de Lepanto
|
|
e) Revolta das
Comunidades en Castela
|
|
§
B) Sitúeos
no eixo cronolóxico que aparece a continuación, como se realiza no exemplo:
§
A)
a) Conquista de
Granada polos Reis Católicos
|
1492
|
b) Expulsión dos
mouriscos de España
|
1609
|
c) Tratado de Utrecht
|
1713
|
d) Batalla de Lepanto
|
1571
|
e) Revolta das
Comunidades en Castela
|
1520
|
§
B)
Durante os séculos XVI
e XVII reinan en España monarcas da casa de Austria. Esta dinastía comezou con
Carlos I e rematou con Carlos II, que morreu sen descendencia. Tras unha guerra
pola sucesión ao trono español, estableceuse na coroa española unha nova
dinastía, a de Borbón, en 1700. Consulte un libro de texto e realice o que se
pide.
§
Relacione
mediante frechas os elementos das seguintes columnas, tendo en conta que a cada
elemento da columna da esquerda lle corresponde un da columna da dereita:
REI
|
ANOS DE REINADO
|
Filipe II
|
1621-1665
|
Carlos III
|
1516-1556
|
Filipe IV
|
1598-1621
|
Carlos I
|
1759-1788
|
Filipe III
|
1700-1746
|
Filipe V
|
1556-1598
|
Autoavaliación
REI ANOS DE
REINADO
Filipe II
|
1621-1665
|
Carlos III
|
1516-1556
|
Filipe IV
|
1598-1621
|
Carlos I
|
1759-1788
|
Filipe III
|
1700-1746
|
Filipe V
|
1556-1598
|
Durante o Antigo Réxime,
Galicia viuse sometida ao proxecto centralizador dos monarcas españois. O
territorio viuse reducido en extensión e dividido en provincias. Os cambios
máis destacados afectaron ás súas institucións de goberno, que foron postas ao
servizo dos intereses do Estado español para facilitar o control sobre o
territorio galego. Consulte o libro recomendado e realice o que se pide.
§
Indique
na columna da esquerda se as frases que aparecen na columna da dereita son verdadeiras
(“V”) ou falsas (“F”)
|
V/F
|
a) A Real Audiencia trataba
os problemas relativos a Galicia que lle consultaba o rei
|
|
b) As Xuntas do Reino
foron creadas polos monarcas Borbón no século XVIII
|
|
c) O Gobernador
Capitán Xeral presidía as Xuntas do Reino e a Real Audiencia
|
|
d) A Intendencia foi
creada no reinado de Filipe V
|
|
|
V/F
|
a) A Real Audiencia trataba
os problemas relativos a Galicia que lle consultaba o rei
|
F
|
b) As Xuntas do Reino
foron creadas polos monarcas Borbón no século XVIII
|
F
|
c) O Gobernador
Capitán Xeral presidía as Xuntas do Reino e a Real Audiencia
|
V
|
d) A Intendencia foi
creada no reinado de Filipe V
|
V
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario