Material para a
preparación de probas a distancia
Grao
|
Medio
|
Proba
|
Sociocultural
|
Parte
da proba
|
Xeografía,
historia e sociedade
|
Unidade
didáctica
|
12. A
Idade Moderna e o Antigo Réxime
|
Actividade
|
1. A
cronoloxía da Idade Moderna
|
Autores
|
Grupo
de traballo de desenvolvemento de material para a preparación das probas de
acceso
|
Nome
do arquivo
|
UD12_A01_A.cronoloxía.da.Idade.Moderna.doc
|
Índice
§
A
Idade Moderna e o Antigo Réxime.
§
A
cronoloxía da Idade Moderna.
§
Identificar
os trazos fundamentais na sociedade do Antigo Réxime.
§
A
sociedade do Antigo Réxime
§
Localización
dos feitos históricos.
§
Secuenciación
dos feitos mediante frisos históricos.
§
Tipo
da actividade a distancia, de aprendizaxe, escrita e individual.
§
Temporalización:
dez minutos.
–
Tarefa
1: dez minutos.
§
Recursos:
–
Materiais:
calquera libro de texto da materia e do nivel adecuados; recoméndase particularmente
o de Historia 2º de ESO da editorial Santillana-Obradoiro, no seu índice (páxinas
2 e 3) e no apartado de repaso (páxinas 6 e 7).
O coñecemento histórico
necesita un marco de espazo e de tempo no que situar os acontecementos. Nesta
actividade trataremos que situar o marco cronolóxico no que se desenvolve a
Idade Moderna. Podemos situar o comezo deste período entre mediados e finais do
século XV, cando os turcos otománs inician a súa expansión cara ao oeste
europeo e cando América pasa a incluírse no conxunto do mundo. Poderiamos
situar o seu remate a finais do século XVIII, cando a Revolución Francesa veu pór
fin ao conxunto de características políticas, económicas e sociais dominantes
en Europa neses tres séculos (o Antigo Réxime).
A actividade pretende encadrar o período histórico
da Idade Moderna precisando a súa datación cronolóxica.
Os historiadores adoitan utilizar unha
denominación común para referirse a períodos de longa duración que manteñen
unhas características similares. Así, falan da Idade Antiga, a Idade Media, a
Idade Moderna e a Idade Contemporánea.
Como é lóxico supor, nunha data determinada non
cambia radicalmente ese conxunto de características que se mantiveron ao longo
de séculos. Porén, os historiadores escollen certas datas que utilizan como
símbolo dos cambios que se suceden tras elas.
Así, podemos establecer que a partir do século XV
comezan a coñecerse e a tomar contacto sociedades que ata ese momento viviran
practicamente illadas. Europa entrou en contacto definitivo con África, con
Asia, e cun “novo” continente: América.
O comezo da Idade Moderna pódese situar na caída
de Constantinopla en poder dos turcos otománs (1453) e a súa expansión desde o
Mediterráneo oriental cara ao oeste. Tamén pode situarse na época das grandes
descubertas xeográficas (ao longo da segunda metade do século XV), especialmente
tras a descuberta de América (1492). O remate desta época sitúase a finais do
século XVIII, co proceso da Revolución Francesa.
Os séculos da Idade Moderna tamén se denominan
Antigo Réxime, termo co que se designa o conxunto de trazos económicos,
sociais, políticos, etc., propios dos sécalos XVI, XVII e XVIII.
@ Propomos realizar na tarefa 1 un eixe
cronolóxico onde queden sinalados o comezo e o final da Idade Moderna ou Antigo
Réxime.
§ Tarefa 1: A cronoloxía da Idade Moderna
§ A) Localice na seguinte liña do tempo os
anos nos que se produciron os acontecementos que marcan o comezo e o final da
Idade Moderna:
§ B) Que séculos comprende a Idade Moderna?
§ A) Acontecemento de inicio: ano 1453 (ou
1492). Acontecemento de finalización: ano 1789.
§ B) Segunda metade do século XV, século
XVI, século XVII e século XVIII.
§
Calquera
libro de texto da materia e do nivel adecuados; recoméndase particularmente o
de Historia 2º de ESO da editorial Santillana-Obradoiro, no seu índice (páxinas
2 e 3) e no apartado de repaso (páxinas 6 e 7).
No hay comentarios:
Publicar un comentario