Material para a
preparación de probas a distancia
Grao
|
Medio
|
Proba
|
Sociocultural
|
Parte
da proba
|
Xeografía,
historia e sociedade
|
Unidade
didáctica
|
12. A
Idade Moderna e o Antigo Réxime
|
Actividade
|
2. Os
descubrimentos xeográficos
|
Autores
|
Grupo
de traballo de desenvolvemento de material para a preparación das probas de
acceso
|
Nome
do arquivo
|
UD12_A02_Os.descubrimentos.xeográficos.doc
|
Índice
§
A
Idade Moderna e o Antigo Réxime.
§
Os
descubrimentos xeográficos.
§
Identificar
os trazos fundamentais na sociedade do Antigo Réxime.
§
Analizar
algúns dos feitos máis relevantes da historia de España na época moderna.
§
A
sociedade do Antigo Réxime. Os descubrimentos.
§
Localización
dos feitos históricos.
§
Secuenciación
dos feitos mediante frisos históricos.
§
Tipo
da actividade: a distancia, de aprendizaxe, escrita e individual.
§
Temporalización:
25 minutos.
–
Tarefa
1: 15 minutos.
–
Tarefa
2: 10 minutos.
§
Recursos:
–
Materiais:
calquera libro de texto da materia correspondente ao nivel de 4º de ESO;
recoméndase particularmente o da editorial Obradoiro-Santillana:
- Tarefa 1: unidade 1, páxinas 16 e 17,
ademais dun atlas.
- Tarefa 2: unidade 1, páxina 14.
Nesta actividade
pretendemos pór de manifesto a importancia e a transcendencia dos descubrimentos
xeográficos realizados ao longo do século XV. A dominación turca do Mediterráneo
oriental pechou a tradicional ruta cara a Asia e propiciou que os portugueses procurasen
rutas alternativas. Comeza así unha época de expansión marítima de Europa
facilitada polos grandes avances técnicos en navegación. En medio século, os
navegantes europeos lograron cruzar os océanos Atlántico, Índico e Pacífico.
Deste xeito, Europa púxose en contacto definitivo con Asia e con África, e o
continente americano pasou a quedar integrado no conxunto do mundo coñecido.
Con esta actividade
inténtase identificar a localización espacial e temporal dos grandes descubrimentos
xeográficos da Idade Moderna, os seus protagonistas e as causas que deron lugar
a eles.
A partir de
mediados do século XV o mundo coñecido ampliouse coa descuberta de novas terras
noutros continentes. Dous países, España e Portugal, foron pioneiros na exploración
e na conquista destes territorios.
@ Dedicaremos a primeira tarefa a situar
cronoloxicamente algúns acontecementos destacados deste proceso, así como a
sinalar os seus protagonistas.
& Para ampliar contidos, consulte o libro de
texto de 4º de ESO recomendado, na unidade 1 (páxinas 16 e 17).
Unha serie de
causas explican este fenómeno das exploracións xeográficas. A caída de Constantinopla
en poder dos turcos otománs (1453) interrompeu o comercio co extremo Oriente a
través do Mediterráneo oriental. Isto provocou que España, Portugal e, posteriormente,
outros países europeos se lanzasen a unha carreira na procura de novas rutas
marítimas. Tamén destacan os avances técnicos en navegación, como a utilización
do compás, a construción de barcos máis manobrables (a carabela) ou a utilización
de mapas máis precisos.
Todo este
conxunto de causas facilitou o descubrimento polos europeos de novos continentes.
Portugal ensaiará a ruta do leste: navegará rumbo sueste para rodear África e
chegar á India e ao extremo Oriente. España ensaiará a ruta do oeste, na que se
atopará cun continente novo: América.
@ Na segunda tarefa realizaremos unha
síntese das principais causas e dos primeiros factores que influíron nas descubertas
xeográficas.
& Para ampliar contidos nesta tarefa
consulte o libro de texto recomendado de Santillana-Obradoiro, na unidade 1
(páxina 14).
A transcendencia
histórica dos grandes descubrimentos xeográficos foi enorme. Grupos humanos que
ata ese momento permaneceran incomunicados comezaron a entrar en contacto.
Serviron para que se desenvolvese un comercio internacional entre os países
europeos e os territorios descubertos noutros continentes. Os países europeos convertéronse
en metrópoles e os territorios descubertos foron as colonias. Avanzaba así o
proceso de mundialización, polo que ningún país nin territorio vive illado.
§
Tarefa
1: Localización espacial e temporal, e
protagonistas dos descubrimentos.
§
Tarefa
2: Causas dos descubrimentos
Ao longo do século XV e
a principios do século XVI, o mundo coñecido polos europeos ampliouse
notablemente. Os reinos de Portugal e de Castela desempeñarán un papel moi
destacado neste proceso. Repase os contidos do libro de texto e da introdución
e realice o que se pide.
§
A)
Indique as datas das seguintes descubertas xeográficas:
a) Descuberta de
América
|
|
b) Chegada ao cabo de
Boa Esperanza
|
|
c) Descuberta do
océano Pacífico
|
|
d) Chegada á India
|
|
e) Primeira volta ao
mundo
|
|
§
B)
Sitúe as datas dos anteriores descubrimentos xeográficos na seguinte liña do
tempo, seguindo o exemplo:
§
C)
Sinale no mapa os lugares descubertos que se mencionan:
América Cabo
de Boa Esperanza Océano Pacífico India
§
A)
a) Descuberta de
América
|
1492
|
b) Chegada ao cabo de
Boa Esperanza
|
1487
|
c) Descuberta do
océano Pacífico
|
1513
|
d) Chegada á India
|
1498
|
e) Primeira volta ao
mundo
|
1522
|
§
B)
§
C)
Os motivos que levaron
os europeos a lanzárense ao mar aberto na procura de novos camiños foron
moitos. Cítanse os motivos económicos, políticos e relixiosos, o afán de coñecemento
e de aventura, e os avances técnicos en navegación, entre outros. Repase os
contidos no libro de texto e na introdución para facer o que se pide.
§
Complete
os espazos punteados do seguinte texto utilizando as palabras que se citan deseguido:
carabela
|
XV
|
Mediterráneo
|
Constantinopla
|
mapas
|
técnicos
|
compás
|
|
“As descubertas
xeográficas comezan a producirse na segunda metade do século ...................,
coincidindo coa caída de ................... en poder dos turcos. Este feito
interrompeu o comercio entre Europa e o extremo Oriente a través do mar ...................
Ademais disto, houbo
outros motivos que explicarían os descubrimentos:
Avances ...................,
como a utilización do ..................., instrumento baseado nunha agulla
imantada que sinalaba sempre cara ao norte e que permitía coñecer o rumbo con
exactitude, ou a ..................., barco con moita capacidade que resistía
as tempestades.
O descubrimento da
cartografía, ciencia que permitía a elaboración de ................... cada vez
máis precisos.”
“As descubertas
xeográficas comezan a producirse na segunda metade do século XV,
coincidindo coa caída de Constantinopla en poder dos
turcos. Este feito interrompeu o comercio entre Europa e o extremo Oriente a
través do mar Mediterráneo.
Ademais disto, houbo
outros motivos que explicarían os descubrimentos:
Avances técnicos,
como a utilización do compás, instrumento baseado nunha
agulla imantada que sinalaba sempre cara ó norte e que permitía coñecer o rumbo
con exactitude, ou a carabela, barco con moita
capacidade que resistía as tempestades.
O descubrimento da
cartografía, ciencia que permitía a elaboración de mapas cada vez máis
precisos.”
§
Calquera
libro de texto da materia correspondente ao nivel de 4º de ESO; recoméndase
particularmente o da editorial Obradoiro-Santillana:
–
Tarefa
1: unidade 1, páxinas 16 e 17, ademais dun atlas.
–
Tarefa
2: unidade 1, páxina 14.
No hay comentarios:
Publicar un comentario