Conteste ao seguinte cuestionario marcando cun
X a resposta que considere correcta.
sUn dos principais obxectivos da
globalización económica é:
x Conseguir un mercado mundial libre, sen
trabas nin regulacións.
o Estender o uso das novas tecnoloxías da
información.
o A supresión das fronteiras estatais.
sA globalización cultural pode comportar:
o Un aumento da diversidade cultural
x Unha perda de diversidade cultural, pero
tamén podería enriquecer as culturas.
o A desaparición da cultura occidental.
sOs movementos antiglobalización procuran:
o Eliminar o comercio mundial.
x Humanizar o proceso da globalización.
o Afondar nas relacións culturais,
eliminando os aspectos económicos.
sAs empresas multinacionais:
x Cumpren un papel moi destacado no proceso
de globalización.
o Apenas teñen relación co proceso de
globalización.
o Destacan pola súa preocupación ambiental.
sAs principais multinacionais teñen a súa
empresa matriz
x Nos países desenvolvidos.
o Nos países subdesenvolvidos.
o En calquera parte do mundo.
Indique o significado das siglas correspondentes
ás seguintes organizacións internacionais. Clasifíqueas segundo sexan
políticas, económicas, sociais ou culturais.
§
ONU
§
FMI
§
UNICEF
§
UNESCO
§
ONU:
Organización das Nacións Unidas (carácter político).
§
FMI:
Fondo Monetario Internacional (carácter económico).
§
UNICEF:
Organización das Nacións Unidas para a Infancia (carácter social).
§
UNESCO:
Organización das Nacións Unidas para a Educación e a Cultura (carácter cultural).
§
Indique
se son verdadeiras (V) ou falsas (F) as seguintes afirmacións relativas ao
funcionamento do
sistema económico capitalista:
V /F
|
Afirmación
|
|
O capitalismo defende o libre funcionamento do
mercado.
|
|
Os prezos no sistema capitalista veñen fixados
polo Estado.
|
|
O motor da actividade económica é a procura do
beneficio individual.
|
|
O obxectivo das empresas é a obtención de
beneficios colectivos.
|
|
O mercado vén regulado pola lei da oferta e da
demanda.
|
V /F
|
Afirmación
|
V
|
O capitalismo defende o libre funcionamento do
mercado.
|
F
|
Os prezos no sistema capitalista veñen fixados
polo Estado.
|
V
|
O motor da actividade económica é a procura do
beneficio individual.
|
F
|
O obxectivo das empresas é a obtención de
beneficios colectivos.
|
V
|
O mercado vén regulado pola lei da oferta e da
demanda.
|
§
Indique
que axente económico se describe nas frases que van deseguido: consumidores,
empresas ou sector público. Indique tamén a función económica que realiza:
consumir, producir, establecer normas, redistribuír a renda.
Exemplo
|
Axente económico
|
Función
|
O Sr. Aneiros recibe unha pensión do Estado.
|
|
|
A fábrica Opel prevé producir 2.500 vehículos o
próximo ano.
|
|
|
A Sra. Vieites compra un ordenador para a súa
casa.
|
|
|
O Ministerio de Fomento proxecta a construción
dun tren de alta velocidade que una Galicia coa Meseta.
|
|
|
O Ministerio de Sanidade prohibe utilizar pensos
modificados xeneticamente.
|
|
|
Exemplo
|
Axente económico
|
Función
|
O Sr. Aneiros recibe unha pensión do Estado.
|
Estado ou sector público
|
Redistribuír a renda
|
A fábrica Opel prevé producir 2.500 vehículos o
próximo ano.
|
Empresa
|
Producir
|
A Sra. Vieites compra un ordenador para a súa
casa.
|
Consumidor
|
Consumir
|
O Ministerio de Fomento proxecta a construción
dun tren de alta velocidade que una Galicia coa Meseta.
|
Estado ou sector público
|
Producir bens e servizos públicos
|
O Ministerio de Sanidade prohibe utilizar pensos
modificados xeneticamente.
|
Estado ou sector público
|
Establecer normas
|
Relacione os conceptos coas definicións:
Concepto
|
Definición
|
Produto interior bruto (PIB)
|
Subida xeneralizada dos prezos dos produtos
|
Economía somerxida
|
Situación na que o Estado gasta máis do que ingresa.
|
Desemprego
|
Actividade económica realizada á marxe das
normas legais.
|
Déficit público
|
Situación na que persoas en idade de traballar non
atopan emprego.
|
Inflación
|
Valor de todo o producido nun país durante un
ano.
|
Concepto
|
Definición
|
Inflación
|
Subida xeneralizada dos prezos dos produtos
|
Déficit público
|
Situación na que o Estado gasta máis do que ingresa.
|
Economía somerxida
|
Actividade económica realizada á marxe das
normas legais.
|
Desemprego
|
Situación na que persoas en idade de traballar
non atopan emprego.
|
Produto interior bruto (PIB)
|
Valor de todo o producido nun país durante un
ano.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario