No mundo adoita falarse
da existencia dun grupo de países economicamente rico e desenvolvido. Estes
conforman o “centro”: neles tómanse as grandes decisións, consómese a maioría
dos produtos, prodúcese a maior parte da riqueza, etc. No outro extremo
atopamos un grande número de países economicamente pobres, subdesenvolvidos ou
en vías de desenvolvemento. Estes últimos forman a “periferia” e dependen economicamente
dos países do “centro”. Entre uns e outros xérase un intercambio desigual: os
países subdesenvolvidos exportan materias primas e importan produtos
manufacturados e tecnoloxía, entanto que os países desenvolvidos exportan
produtos manufacturados e tecnoloxía, e importan materias primas.
§ Baseándose nesta información e na que
poida atopar no libro de Santillana ou noutro similar, intente contestar as
cuestións.
–
Onde
se atopan na actualidade os grandes centros de poder político e económico mundial?
–
Cite
tres estados pertencentes a cada unha das zonas (centro e periferia).
–
Como
poderían caracterizarse as relacións económicas mantidas entre o centro e a periferia?
No hay comentarios:
Publicar un comentario